sílice

sílice

(

  1. s f [MINERAL]

    Dióxido de silicio, de fórmula SiO 2 , que se dá na natureza tanto en forma pura (cuarzo ou cristobalita) coma nunha gran variedade de formas impuras (area, ágata, calcedonia ou ópalo). Aparece en forma de cristais incoloros ou pos cristalinos brancos, e a súa densidade oscila entre 2,65 e 2,80. A sílice presenta unha estrutura polimérica, constituída por tetraedros de SiO 4 cuxos vértices están ocupados por catro átomos de osíxeno. É abundante como compoñente das rochas e infusible e insoluble. Pode prepararse tamén sinteticamente a partir de silicatos solubles, por deshidratación e calcinación. A súa aplicación está fundamentalmente na industria do vidro e da cerámica, como abrasivo, na fabricación de refractarios, como materia prima para a preparación de silicio e silicatos e, en metalurxia, na preparación do ferro-silicio. OBS: Tamén se denomina dióxido de silicio.

  2. xel de sílice [QUÍM]

    Ácido ortosílico obtido por precipitación a 300°C a partir dunha disolución de silicato sólido tratada cun ácido que se emprega como desecante.

Palabras veciñas

Siliana | silic(i)- | silicato | sílice | silíceo -a | silici- | silícico -ca