Silleiro, cabo
Silleiro, cabo
Cabo do litoral atlántico que forma o promontorio máis noroccidental do concello de Baiona, na parroquia de Baredo, e marca o límite S das Rías Baixas. Conta cun faro, importante referente para o elevado tráfico marítimo da zona.