siloxismo
siloxismo
(
s
m
[FILOS]
Modalidade de argumentación dedutiva que consiste na afirmación de dúas proposicións, relacionadas entre elas e chamadas premisas, das que resulta outra, chamada conclusión. A relación entre as premisas do siloxismo -chamadas respectivamente maior (P) e menor (S)- establécese mediante o chamado termo medio (M), repetido en ambas as dúas premisas. A diferente disposición de P, S e M nelas determina as catro posibles figuras do siloxismo, e a súa combinación coas catro posibles modalidades de xuízos determina os modos do siloxismo. Entre as diversas formas siloxísticas están os siloxismos hipotéticos, os modais, os abreviados (entimema) e os compostos (polisiloxismo, sorites e dilema).