simbolismo

simbolismo

(

  1. s m

    Calidade de simbólico.

  2. s m

    Sistema de símbolos que se utiliza para representar algo.

  3. s m [ARTE]

    Movemento artístico, esencialmente pitórico, do derradeiro terzo do s XIX, con imaxes opostas á realidade visible ou científica para demostrar que existe unha realidade oculta que, aínda que non é posible coñecer, si é posible intuír. Recibiu a influencia dos artistas idealistas de principios do s XIX e dos prerrafaelistas. Os dous temas constantes que tratou foron a muller, venerada ou temida, ser anxelical (Ofelia) ou maligno (Salomé), e a morte. Foi cultivado por Gustave Moreau, Odilon Redon, Pierre Puvis de Chavannes, os nabís, Aubrey Beardsley, o Círculo do s XX, Gustav Klimt e Edvard Munch.

  4. s m [LIT]

    Movemento literario aparecido en Francia entre 1870 e 1880. Manifestouse primeiramente como unha reacción contra a herdanza romántica e contra a doutrina da escola parnasiana, e acadou a súa plenitude cos poetas decadentes, ao redor de 1880, dos que o máis destacado foi Jules Laforgue. Jean Moréas publicou no suplemento literario de Le Figaro (1886) un manifesto que anunciaba o nacemento desta escola. Dúas publicacións literarias, Le Décadent e Le Symboliste, emprenderon a loita contra a poesía académica. Os poetas desta nova escola, Gustave Kahn, Stuart Merril, Vielé-Griffin e René Ghil, declarábanse herdeiros de Baudelaire, Verlaine e Rimbaud. Co tempo, Mallarmé converteuse no apóstolo dunha poesía profundamente meditada e impenetrable para o profano. A partir de 1862, na revista L’Artiste, explicou a súa doutrina, que consiste no propósito de atrapar na linguaxe o poder irradiante do pensamento puro. Entre os seus discípulos figuran André Gide, Paul Claudel e Paul Valéry.

Palabras veciñas

simbléfaron | simbólica | simbólico -ca | simbolismo | simbolista | simbolización | simbolizar