simpático -ca
simpático -ca
(< simpatía)
-
adx
Que inspira simpatía.
-
adx e s
m
[FISIOL/ANAT]
Aplícase á parte do sistema nervioso vexetativo que está constituída por unha cadea de ganglios nerviosos, en número de 20 a 25, que están situados fronte á columna vertebral desde o cranio ata o cóccix. Ten unha relación íntima cos procesos tróficos e as funcións secretoras e cardiovasculares do organismo. OBS: Tamén se denomina ortosimpático ou sistema nervioso simpático.