simulación

simulación

(

  1. s f

    Acción de simular.

  2. s f [CIBERN]

    Representación dun fenómeno de natureza física, técnica, biolóxica, psicolóxica, militar ou económica mediante un modelo físico ou matemático que permite unha análise máis sinxela, económica ou inocua coa que se pode realizar sobre o orixinal. A maioría de modelos de simulación toman a forma dun programa de cálculo por ordenador, aínda que algunhas etapas da simulación adoitan realizarse coa axuda de calculadoras analóxicas.

  3. s f [DER]

    Alteración aparente da causa ou do obxecto verdadeiro dun acto ou contrato coa intención de enganar a un terceiro, facéndolle crer que se trata doutro distinto. Cando afecta dun xeito substancial ao obxecto dun contrato prodúcese a anulación dese contrato, e a persoa prexudicada ten dereito a reclamar danos e prexuízos.

  4. s f [MAT]

    Técnica que se emprega en investigación operacional e que consiste en construír un modelo simbólico dun sistema ou dun proceso complexo, de xeito que se representen os seus elementos mediante os procesos lóxicos e aritméticos que se poden executar cun programa de ordenador, a fin de estudar o comportamento do sistema e medir as súas propiedades dinámicas.

  5. s f [PAT]

    Semellanza que ten unha enfermidade con outra.