simultaneidade

simultaneidade

(

  1. s f

    Calidade de simultáneo.

  2. s f [FÍS]

    Realización de dous sucesos ou de dous fenómenos no mesmo instante. Pensábase que a noción de simultaneidade era absoluta ata que Einstein, na teoría da relatividade, probou que dous sucesos A e B poden ser simultáneos para un observador, pero ocorre A antes ca B para outro observador, e B antes ca A para un terceiro observador, todos eles inerciais.

Refráns

  • Cando nace a vasoira, nace o burro que a roa.

Palabras veciñas

simular | simúlido -da | simultanear | simultaneidade | simultaneísmo | simultáneo -a | simún