sinatura
(
-
s
f
-
Nome, apelido e xeralmente rúbrica, autógrafos, cos que se subscribe un documento para certificar quen é o seu autor, quen aproba o seu contido, quen interveu nel ou quen estivo presente na súa redacción. Nun principio indicaba o sinal autógrafo anteposto á subscrición e que adoitaba substituíla, pero a partir do uso do selo (s XII) caeu en desuso. Designou despois a marca profesional do notario, que se ía adornando ata chegar a facer debuxos complicados (ss XIII-XIV) chamados signo maior, aos que, para facilitar a súa identificación, se lles engadían en cursiva algunhas letras do nome ou todo o nome, seguidas da rúbrica ou signo menor, orixe da sinatura actual. Desde un punto de vista xurídico, a sinatura ten que incluír o nome patronímico e os apelidos, aínda que se admite tamén a media sinatura, en que se omite o nome de pía. No caso das persoas que non saben escribir, a validez é acreditada pola impresión dixital do dedo índice ou, nalgunhas actas notariais, pola mención expresa do nome.
-
[ARTE]
Nome do autor dunha obra de arte, inscrito nunha parte visible ou non visible dela, como constancia da súa paternidade.
-
-
s
f
Acción de asinar.
-
s
f
[BIBLIOT/ARQUIV]
-
Serie ordenada de símbolos, expresados polo xeral mediante cifras ou letras, que corresponden normalmente ás materias das que tratan os libros ou á cronoloxía ou topografía dos documentos. Serve para ordenalos en bibliotecas e catálogos, de acordo cos diversos sistemas de clasificación.
-
Indicación da signatura no lombo dos libros, e moitas veces no frontispicio ou noutra páxina, e que consta tamén nas fichas do catálogo.
-
-
s
f
[GRÁF]
-
Sinal posto ao pé da primeira páxina de cada prego dun libro que serve para indicar como hai que pregalo e a orde en que hai que colocar os pregos durante o alzado. A signatura adoita consistir nunha sigla, que indica a obra á que pertence o prego, seguida do número de orde de cada prego.
-
Cada un dos pregos que compoñen un volume.
-
-
s
f
[MAT]
Número de valores positivos nunha forma cuadrática reducida a unha suma de cadrados mediante unha transformación lineal. A sinatura dunha matriz simétrica é o número de valores positivos que aparecen ao diagonalizar a matriz e é xunto ao rango unha das invariantes fundamentais na clasificación das matrices.