síncope
(< lat syncŏpe < grσυγκοπή)
-
s
f
[LING]
Eliminación de elementos fonolóxicos no interior dunha palabra. Dáse moi frecuentemente na formación das linguas románicas pola caída de vogais pretónicas e postónicas: lat VERECUNDIA > vergoña, NOBILE > nobre. Na lingua popular actual é un fenómeno habitual por causa da debilidade do vocalismo átono, sobre todo en partículas esencialmente átonas, producindo formas populares (e vulgares): boroa > pop b’roa, coroa > pop c’roa, pirixel > pop p’rixel. Modernamente, en posición postónica, tamén pode desaparecer: véspera > pop vesp’ra. A síncope en fonética sintáctica onde intervén a forma popular pra, da preposición para, produce encontros vocálicos que se resolven por medio de crases, moi fecuentes na lingua popular e mesmo na literaria do s XIX e primeira parte do s XX: para a > pra a > prá, para o > pra o > pró.
-
s
f
[MÚS]
Irregularidade na acentuación orixinada polo desprazamento do acento rítmico, que ocorre pola prolongación dun tempo débil sobre un tempo forte.
-
s
f
[PAT]
Perda súbita da consciencia, completa e transitoria, que se produce por unha anoxia aguda no cerebro.