Sindicato Obreiro Galego

Sindicato Obreiro Galego
Nome científico: [SOG]

Primeira organización sindical nacionalista galega creada en maio de 1975. Foi apoiada pola Unión do Pobo Galego (UPG) e en 1977 coa unión cos sindicatos integrados na Asemblea Nacional-Popular Galega (AN-PG), como a Unión dos Traballadores do Ensino en Galicia (UTEG), o Sindicato Galego dos Traballadores do Mar (SGTM), a Unión de Traballadores da Sanidade Galega (USTB) ou a Unión de Traballadores da Banca de Galicia (UTBG), deu lugar á Intersindical Nacional Galega (ING).