síndico -ca

síndico -ca

(< lat syndĭcu < grσύνδικος ‘defensor’)

  1. s

    Encargado dos intereses e as xestións administrativas dunha corporación, unha comunidade ou un estamento.

  2. s

    Persoa encargada de liquidar, nun concurso de acreedores ou nunha quebra, o activo e pasivo do concursado ou quebrado e de satisfacer os créditos contra el.

  3. s

    Procurador xeral de Andorra e presidente do consello xeral.

  4. síndico persoeiro [HIST]

    Funcionario municipal creado polo Consello de Castela en 1766 en todos os concellos do estado, que exercía de procurador dos intereses dos veciños. Era elixido por sufraxio directo. Suprimiuse no s XIX coa creación dos concellos constitucionais.