síndrome

síndrome

(< grσυνδρομή ‘concurso’)

  1. [PAT]
    1. s f

      Conxunto de síntomas e signos que definen clinicamente un estado patolóxico, que pode posuír diferentes etioloxías e corresponder a máis dunha enfermidade.

    2. síndrome de inmunodeficiencia adquirida

      SIDA.

    3. síndrome de envellecemento precoz

      proxeria.

    4. síndrome tóxica

      Síndrome que se caracteriza por febre, dor de cabeza, mialxias, dispnea, tose e erupción urticariforme. A súa causa foi atribuída ao consumo de aceite de colza desnaturalizado. Apareceu en1981 en diversos lugares de España, especialmente en Madrid e Castela. Ocasionou graves incapacidades físicas froito desta afección neuromuscular e incluso mortes.

  2. s f

    Conxunto de signos ou fenómenos que caracterizan unha situación determinada.

Palabras veciñas

sindiotáctico -ca | Sindora | Sindrán | síndrome | sindrómico -ca | sine die* | sine qua non*