Sineiro, pazo de
Sineiro, pazo de
Construción situada no Grove. Ten planta en forma de L, con baixo e piso. Ten un balcón con balaustrada e solaina na fachada principal onde tamén se atopa un escudo do s XVIII que alude aos Correa. O acceso á planta alta realízase por unha escaleira lateral de pedra.