sinerxía

sinerxía

(< grσυνεργία ‘cooperación’)

  1. s f

    Acción conxunta de varios elementos ou factores de xeito que o efecto resultante é superior á suma dos efectos por separado.

  2. s f [FISIOL]

    Asociación ou cooperación de movementos, actos, órganos ou formacións anatómicas para levar a cabo unha función determinada conxunta e máis forte.

    Sinónimos: sinerxismo.
  3. s f [MED]

    Efecto terapéutico aumentado que se produce ás veces ao administrar simultaneamente dous produtos ou fármacos de acción semellante.

    Sinónimos: sinerxismo.
  4. s f [MICROB]

    Exaltación do poder patóxeno de dous parasitos coexistentes.

    Sinónimos: sinerxismo.

Palabras veciñas

sinequia | sinérese | sinerxético -ca | sinerxía | sinérxico -ca | sinérxida | sinerxismo