sinfonía

sinfonía

(< lat synfonĭa < grσυμφονία)

  1. s f [MÚS]
    1. Conxunto musical de voces, de instrumentos, ou das dúas cousas.

    2. Composición para orquestra, estruturada segundo as normas que regulaban a sonata. No s XVII podía adoptar o significado de sonata, concerto ou outra composición. A sinfonía clásica apareceu no s XVIII. Tivo unha orixe diversa, por unha banda o concerto grosso e pola outra a obertura da ópera, e seguía o esquema en tres tempos allegro-adagio-allegro (G. Sammartini), despois, coa intercalación do minueto pasou a ter catro (autores da escola de Mannheim). Cultivada por numerosos autores, acadou todo o esplendor con J. F. Haydn que, xunto con Mozart, deixou un extenso legado sinfónico, e estableceu o seu desenvolvemento temático de acordo coas normas da forma sonata. Beethoven recolleu este legado e modificouno, e substituíu o minueto por un scherzo e deulle unha maior extensión ás sinfonías. Os seus pasos foron seguidos por Schubert, Schumann, Brahms, Liszt, Bruckner, Mahler e R. Strauss na música alemá; por Berlioz, Saint-Saëns e C. Franck en Francia; por Dvořák en Bohemia; por Sibelius en Finlandia; e por Chajkovskij, Prokof’ev e Šostakovič en Rusia.

  2. s f

    Conxunto de elementos que se unen para producir un efecto harmonioso.

Palabras veciñas

sínfise | sinfisiotomía | sínfito -ta | sinfonía | sinfónico -ca | sinfonista | Sinforiano