sinónimo -ma

sinónimo -ma

(< lat synonymu < grσυνώνυμος)

  1. adx e s m [LING]

    Que manteñen entre si unha relación de sinonimia. Hai autores que distinguen sinónimos totais ou absolutos, que teñen o mesmo significado en todos os contextos lingüísticos; e sinónimos parciais, mesmo significado en moitos contextos lingüísticos pero non en todos. Outros autores, como Leonard Bloomfield, consideran que a sinonimia total non existe, pois cada forma lingüística ten un significado constante e específico. Se as formas son fonoloxicamente diferentes, suponse que os seus significados son tamén diferentes, polo que se pensa que non existen verdadeiros sinónimos.

  2. adx e s m [BOT]

    Aplícase ao nome científico dun taxon que, de acordo coas normas de nomenclatura botánica, non é correcto.

Palabras veciñas

sinoloxía | sinonimia | sinonímico -ca | sinónimo -ma | Sinop | Sinop | Sinope