sintaxe

sintaxe

(

  1. s f [LING]

    Parte da gramática tradicional que estuda as relacións ou funcións das palabras na frase ou oración. A regra fundamental da estrutura sintáctica de toda oración é que esta ten que ter sempre dous elementos nucleares: o suxeito e o predicado, cos seus posibles complementos, se é que os ten. Da posición, a relación e a función das palabras que poden constituír estes elementos sintácticos básicos xorde a súa clasificación nas distintas categorías gramaticais fundamentais, as partes da oración.

  2. s f [INFORM]

    Conxunto de regras correctas que definen as secuencias dos elementos dunha linguaxe de programación.

  3. s f [ANAT]

    articulación.

Palabras veciñas

sintagma | sintagmático -ca | sintase | sintaxe | sintépalo -la | sínter | sinterización