sipuncúlido -da
sipuncúlido -da
(
-
adx
Relativo ou pertencente aos sipuncúlidos.
-
s
m
[ANIMAL]
Metazoo do filo dos sipuncúlidos.
-
s
m pl
[ANIMAL]
Filo de metazoos triploblásticos celomados, protóstomos, con simetría bilateral co corpo cilíndrico, recuberto por unha cutícula quitinosa, dividida ás veces por sucos lonxitudinais, sen quetas, e dividido en dúas rexións: a anterior, cunha trompa evaxinable en que se atopa a boca envolta por unha coroa de tentáculos, e a posterior, constituída polo tronco, cunha rexión visceral moi voluminosa. Son exclusivamente mariños, litorais ou de profundidade, habitan sedentariamente na area, nas fendas das rochas, nas cunchas dos moluscos ou sobre os fondos coralinos, e aliméntanse maioritariamente de detritos orgánicos.