SIX

SIX
Nome científico: [Sistemas de Información Xeográfica]

Equipamento informático que ten a capacidade de almacenar datos territoriais, en formato dixital, procedentes de medidas directas no terreo ou a partir da dixitalización dos mapas impresos ou imaxes, para realizar con eles operacións de análise e tratamento que permitan transformalos e presentalos graficamente, como saída informática do sistema. Os principais compoñentes dun SIX son o sistema informático hardware, os datos territoriais e os programas que xestionan o sistema software.