sixilografía

sixilografía

(< sixilo + -grafía)

s f

Ciencia auxiliar da historia que estuda a morfoloxía e a clasificación dos selos que autentican os documentos públicos e privados a través das épocas. Os estudos sixilográficos no nivel científico naceron conxuntamente cos estudos diplomáticos na escola de Jean Mabillon e dos maurinos, e constitúen unha fonte de grande interese para os estudos heráldicos e iconográficos de persoas e de arte suntuaria.