Skylab

Skylab
[COSMON]

Primeira estación orbital estadounidense, que se lanzou sen tripulación cun foguete Saturn 5 a mediados de 1973 e que se situou a 435 km de altitude. Foi o habitáculo de tres tripulacións que chegaban periodicamente con vehículos do tipo Apolo lanzados con foguetes Saturn 1B, que permaneceron nela un total de 4.117 horas. Os seus obxectivos principais foron determinar a adaptación do home ás condicións de ingravidez prolongadas, as observacións astronómicas, as técnicas de análise de recursos terrestres desde o espazo e a experimentación científica e técnica. As misións acabaron co retorno da terceira tripulación en 1974, e a súa desintegración en 1979 a uns 19 km de altura.

Palabras veciñas

skutterudita | Škvorecký, Josef | Skye | Skylab | Skyros | SL | SL