Sobrada de Aguiar, torre-casa señorial de
Sobrada de Aguiar, torre-casa señorial de
Construción situada en Sobrada de Aguiar (Outeiro de Rei). De planta rectangular, ten dependencias auxiliares e alpendres unidos aos laterais da fachada de acceso. Nun extremo atópase a antiga torre de planta cadrada realizada en cachotaría, con reforzos de granito nos vans. Foi propiedade das familias Ribadeneira, Aguiar e Maseda de Andrade. Sufriu varias reformas.