Sobradelo, ponte nova de
Sobradelo, ponte nova de
Construción situada sobre o río Sil ao seu paso por Sobradelo (Carballeda de Valdeorras). Realizada en cantaría e cachotaría, presenta sete vans formados por arcos de medio punto e ten a rasante alombada. O arco central foi quebrado durante a Guerra da Independencia e posteriormente restaurado. Atópase no antigo Camiño Real do Bierzo a Galicia e formou parte da vía XVIII ou Vía Nova que cruzaba a comarca de Valdeorras.