sobrenatural
(< sobre- + natural)
-
adx
Que excede o poder ou as leis da natureza.
-
adx
Que sobrepasa o natural ou non se pode explicar por causas naturais.
-
adx
[RELIX]
Aplícase, na especulación teolóxica occidental, á comunicación libre e gratuíta de Deus, a graza, en tanto que non é debida á esencia finita de ser espiritual creado ningún nin este a pode esixir de Deus. Por razón da unidade no home entre espírito e materia, o sobrenatural é un factor interno da historia espiritual, de xeito que a creación alcanza a súa finalidade e perfección non nunha hipotética natureza pura, senón na graza. Inaccesible polo esforzo do home, concédese gratuitamente como un don que, lonxe de forzar a natureza ou destruír a liberdade, as perfecciona. A teoloxía oriental, partindo dunha concepción da graza increada, negou esta concepción porque nela vía unha imposibilidade real de comuñón con Deus.