sobretensión

sobretensión

(< sobre- + tensión)

  1. s f [ENX]

    Aumento anormal da tensión eléctrica dunha máquina, dun circuíto ou dunha instalación eléctrica, debido a diferentes causas, como a interrupción da corrente, fenómenos transitorios ou descargas atmosféricas.

    Sinónimos: sobrevoltaxe.
  2. s f [QUÍM/FÍS]

    Diferenza entre o potencial E i que adquire un eléctrodo polo que circula unha corrente eléctrica e o potencial de equilibrio E o que adquire o eléctrodo en contacto coa solución cando non pasa corrente a través del. Vén definida pola ecuación ç = E i - E o , onde ç é a sobretensión total, que se pode descompor formalmente en sobretensión de difusión (ç d ), que se orixina polo transporte dos reactantes, sobretensión de transferencia de carga (ç t ) e en sobretensión de cristalización (ç c ), que se produce pola incorporación ou separación dos átomos da rede cristalina do eléctrodo. Tamén pode haber unha sobretensión de reacción (ç r ) sempre que ocorra unha reacción química con velocidade inferior á de transporte. A sobretensión total é dada pola suma destas: ç = ç d + ç t + ç c + ç r .

Palabras veciñas

sobresó | sobresoldo | sobretaxa | sobretensión | sobretodo | sobretón | sobrevaloración