Sofene
Sofene
Antiga rexión de Asia Menor, situada ao S de Armenia, entre o Tigris e o Éufrates, o Tauros e Antitaurus. Conquistada por Ciro (s VI a C), seguiu a sorte de Armenia. Foi disputada por capadocios, persas, romanos e bizantinos.