Sokoto

Sokoto

Emirato sudanés creado entre Níxer e Chad polo pobo fulbe a comezos do s XIX. Habitado por poboación hausa, a guerra santa predicada por Usmano dan Fodio provocou a revolta fulbe contra o sistema feudal imperante, pero o novo estado teocrático foi aínda máis opresivo ca o anterior. O imperio expandiuse ata o Reino de Bornu e Camerún e caracterizouse pola intransixencia relixiosa. En 1904 pasou a formar parte do Imperio Británico e posteriormente foi incorporado a Nixeria. Na revolta nixeriana de 1966 morreu o derradeiro representante do pobo fulbe na rexión, Ahmadu Bello.

Palabras veciñas

Sokol | Sokoto | Sokoto | Sokoto | 1 sol | 2 sol | 3 sol