Solanum

Solanum
[PLANTA]

Xénero de plantas herbáceas ou arbustivas, da familia das solanáceas, coas follas alternas, corola branca ou violácea e froito en baga. Comprende unhas 1.500 especies, distribuídas en zonas temperadas e tropicais, das que destaca polo seu interese económico a pataca (S. tuberosum).