solarización

solarización

(< ingl solarization)

  1. s f [IMAX]

    Procedemento para obter efectos artísticos ou especiais nunha fotografía ou nunha película que consiste en expoñer á luz as superficies sensibles xa impresionadas mentres se revelan.

  2. s f [MED]
    1. Exposición que se fai á luz do Sol con finalidade terapéutica.

    2. Conxunto de efectos que se producen por esta exposición.

Palabras veciñas

3 solar | solarímetro | solario | solarización | Solarte, Tristán | Solaster | solaz