soldadura
(
-
s
f
[TECNOL]
Unión de dúas pezas de metal ou de plástico, que se fai de maneira que a zona de unión sexa un todo homoxéneo coas dúas zonas laterais máis próximas, mediante a aplicación de calor ou de presión. Cómpre distinguir a soldadura, por fusión ou por presión, da falsa soldadura. Na falsa soldadura a unión non se consegue pola fusión do metal, senón pola interposición doutro metal fundido, que pode ser de baixo punto de fusión, como o estaño, no caso da soldadura branda, ou de punto de fusión máis elevado, como o latón, no caso da soldadura forte. Entre as soldaduras propiamente ditas, hainas por fusión superficial do metal sen aplicación de presión e as soldaduras a presión. A soldadura por fusión superficial do metal pódese efectuar por medio de gas, de arco voltaico, de termita, de feixe de electróns ou de láser. Na soldadura por fusión con gas, a presión local do metal e a unión dos bordos das pezas conséguese unindo un material en forma de arame ou de barra, pola elevada temperatura que se consegue pola combustión dunha mestura de gas e osíxeno. Na soldadura por fusión con arco voltaico, a calor é proporcionada por un arco voltaico que salta entre a peza conectada a un polo de enerxía eléctrica e a barra de metal de achega, conectada ao outro polo. Na soldadura por fusión con termita, actúa como metal de engadido e como transportador de calor o aceiro líquido sobrequentado procedente da redución de óxido de ferro da termita ao ser inflamada. Na soldadura por fusión con feixe de electróns ou láser, a calor é proporcionada por un feixe concentrado de electróns ou ben un feixe láser que provoca unha fusión case instantánea e moi localizada. Entre os procedementos de soldadura a presión cómpre destacar os de forxa e por resistencia eléctrica. A soldadura por forxa efectúase quentando as pezas a unha temperatura próxima á de fusión e forxándoas xuntas por presión ou co martelo. Na soldadura por resistencia eléctrica, que se emprega para a unión de pranchas superpostas, unha corrente eléctrica moi intensa pasa a través delas, que son suxeitadas fortemente por dous electrodos, para quentalas ata que se funden superficialmente. Dependendo do tipo de electrodos distínguese entre soldadura por costura, continua ou por puntos. Na soldadura por ultrasóns as pezas únense ao ser comprimidas entre unha bigornia e unha vara ou barra emisora de ultrasóns.
-
s
f
[IND]
Metal ou aliaxe de baixo punto de fusión que se emprega para efectuar a unión denominada falsa soldadura entre dous metais cos que ten certa afinidade.
-
s
f
Lugar de unión de dúas pezas soldadas.