soleido -da
soleido -da
(< lat científico Solea)
-
adx
Relativo ou pertencente aos soleidos.
-
s
m
[ANIMAL/ICT]
Peixe da familia dos soleidos.
-
s
m pl
[ANIMAL/ICT]
Familia de peixes, da orde dos pleuronectiformes, co corpo asimétrico e algo arredondado, ollos moi pequenos e moi próximos entre si, liña lateral en ambos os dous lados e cun só dos lados pigmentado. Son peixes bentónicos que viven en fondos areosos. A esta familia pertencen especies de interese económico como o linguado común.