Solesmes, mosteiro de

Solesmes, mosteiro de

Abadía beneditina situada no País do Loire, Francia, na ribeira esquerda do Sarthe, no departamento homónimo. Fundado no s XI, foi incendiado polos ingleses (1425?) e reconstruído nos ss XV-XVI. Pertenceu aos maurinos. Suprimido durante a Revolución Francesa, P.L.P Guéranger restaurou (1833) a vida bieita. Foi centro dunha importante congregación e de restauración do canto gregoriano e onde se iniciou o movemento litúrxico.

Palabras veciñas

solerma | solermeiro -ra | soles | Solesmes, mosteiro de | soleta | soletrear | solfa