Solidarność
Solidarność
Organización sindical polaca coñecida como Sindicato Profesional Libre Autoxestionario Solidarność. Creouse co Acordo de Gdańsk (1980), en que o goberno polaco tivo que aceptar, entre outras peticións dos obreiros en folga, a legalidade duns sindicatos libres. En decembro de 1981, despois do golpe de estado do xeneral Jaruzelski, o goberno militar suspendeu a actividade dos sindicatos libres e encarcerou o seu presidente Lech Waéęsa. En 1982 o parlamento ilegalizouno e foi recoñecido novamente en 1989. L. Waéęsa renunciou á súa presidencia ao ser elixido presidente da república (1990).