Solimán I

Solimán I

o Magnífico (Istambul 1494 - Szigetvár 1566) Sultán otomán (1520-1566), fillo de Selim I. Coñecido entre os turcos como Kanuni (Lexislador) conquistou Belgrado (1521) e a illa de Rodas (1522). En 1526 derrotou a Luís II de Hungría na primeira Batalla de Mohács e saqueou Buda. Convencido de ser o único emperador da terra, tivo como principal inimigo ao Emperador Carlos V, con quen se enfrontou en varias ocasións. Despois de asinar a paz con Austria (1533), anexionou Tabriz e Bagdad en 1534, mentres que no Mediterráneo operaban eficazmente os seus corsarios Barbarrubia e Dragut. Ao finalizar o seu mandato, asinou unha tregua con Persia (1555) e a paz con Austria (1562). Amante das artes, mandou edificar numerosas mesquitas e dotou ao imperio dun código lexislativo.