Soliño Fernández, Óscar Norberto
Soliño Fernández, Óscar Norberto
(Muxía? 1902 -?) Produtor cinematográfico. Instalado en Cuba, iniciou o seu labor profesional como distribuidor de cine español en Cuba. Director de Cifesa (1935) en La Habana, en 1937 trasladouse a Berlín para crear Hispano-Film-Produktion, unha empresa constituída por Cifesa e UFA. En colaboración co realizador alemán Johann W. Ther participou na produción de diversas longametraxes. Despois de colaborar nalgunha coprodución italo-española, produciu en España La Dolores (1939) e La gitanilla (1939). Ao seu regreso a La Habana sufriu as acusacións dos medios de comunicación cubanos pola súa relación con réximes fascistas e a expulsión do país (1942). Ao seu retorno a España fundou as produtoras Marta Films e Profilms 21.