somático -ca
somático -ca
(< grσωματικός)
-
adx
Relativo ou pertencente ao soma.
-
adx
Relativo ou pertencente ao corpo como armadura ou esqueleto, en oposición a visceral.
-
adx
Aplícase ás alteracións que teñen base orgánica, en oposición ás de base psíquica.
-
punto somático
[ANTROP/FISIO]
Cada un dos puntos do corpo humano que se toma como referencia en estudos de somatometría e que adoitan corresponder a unha parte saínte do esqueleto. Distínguense os puntos somáticos non parellos ou saxitais, como o gnatión, dos puntos somáticos paralelos ou laterais, como o gonión. Os puntos somáticos situados no cranio denomínanse craniométricos. OBS: Tamén se denomina punto somatométrico.