sombreiro
(
-
-
s
m
Peza de vestir que se pon na cabeza para cubrila e que pode ter diferentes formas e estar feita de diversos materiais.
-
sombreiro cordobés
Tipo de sombreiro de fieltro con aba ancha e plana, e copa cilíndrica.
-
sombreiro de copa
Sombreiro de copa alta con forma de cilindro e plana por arriba, que se usa en cerimonias ou actos solemnes.
-
sombreiro de ferro
Casco de abas largas e caídas que protexía o cranio e deixaba descuberto o rostro do guerreiro. Superaba o elmo en lixeireza e eficacia defensiva.
-
sombreiro de tella
Sombreiro de aba acanalada, en forma de tella, que levaban os capeláns.
-
sombreiro de palla
Sombreiro feito con palla de cereal, especialmente trigo e centeo.
-
sombreiro de tres picos
Sombreiro que está armado de forma triangular con tres picos.
-
s
m
-
s
m
[MICOL]
Parte superior ensanchada dos cogomelos que ten na cara de embaixo unhas pequenas láminas ou pregas que constitúen a parte fértil do aparato esporífero, xa que nelas se orixinan as esporas.
Refráns
- Ó sol, sen sombreiro, nin en agosto nin en xaneiro.