Sommerfeld, modelo atómico de

Sommerfeld, modelo atómico de
[FÍS]

Ampliación do modelo atómico de Bohr, realizada por A. Sommerfeld en 1915, que supón que as órbitas electrónicas son elípticas. Propón dous novos números cuánticos que se unen ao principal de Bohr, e axiña foi superado polo modelo atómico de Schrödinger. OBS: Tamén se denomina modelo de Bohr-Sommerfeld.

Palabras veciñas

Somme | Sommelet, reacción de | Sommerfeld, Arnold | Sommerfeld, modelo atómico de | somnambulismo | somnámbulo -la | somnífero -ra