Somoza
Somoza
[HERÁLD]
Apelido de orixe galega que trae por armas: en campo de azul, cun brazo armado nacente do flanco destro, empuñando unha maza de prata, posta en banda, acompañada en punta de tres dados de prata con puntos de sable, colocados en faixa. Outro trae, en campo de goles, seis dados de prata, cos seus puntos de sable, colocados en dous paus de tres. Outro, escudo partido: primeira partición, en campo de azul, con tres flores de lis de ouro, ben ordenadas; segunda partición, en campo de goles, con seis dados de prata, os seus puntos de sable, colocados en dous paus de tres.