sonata
sonata
(< ital sonata < latsonāre)
s
f
[MÚS]
Composición musical, xeralmente instrumental, que consta de diferentes movementos para solista ou para un pequeno conxunto de cámara. Nas súas orixes constaba dun único movemento e xa no Barroco apareceron a sonata da chiesa (con catro movementos lento-rápido-lento-rápido) e a sonata da camera (precursora da suite de danzas). A finais do s XVII, e grazas á obra de Corelli, ambas as dúas modalidades fusionáronse. O clasicismo imprimiulle unha nova forma: o primeiro tempo allegro, o segundo tempo andante ou adagio, o terceiro tempo minueto, e o cuarto tempo presto, allegro ou rondó. As sonatas románticas desenvolveron a técnica e o brillo, e algunhas estrutúranse ciclicamente.