songhai

songhai
  1. adx

    Relativo ou pertencente aos songhais, á súa lingua ou ao antigo reino de Songhai.

  2. s [ETN]

    Individuo do pobo songhai.

  3. s m pl [ETN]

    Pobo negroide africano dolicocéfalo instalado no curso medio do Níxer, entre Niafounké e Kandi. Dedícanse principalmente á agricultura e á artesanía. Divididos entre Mali e Nixeria, no s XV formaron o Reino de Songhai, favorecido pola súa posición xeográfica no cruzamento das rutas comerciais centroafricanas.

  4. s m [LING]

    Lingua do phylum nilo-sahariano que fala o pobo songhai.