sopro
sopro
(< soprar)
-
s
m
Acción e efecto de soprar.
-
s
m
Período breve de tempo.
-
s
m
[FISIOL]
Ruído percibido por auscultación que se debe ao paso dunha corrente a través dun conduto ou dun estreitamento dun órgano. Fundamentalmente hai dous tipos de sopros, os respiratorios e os cardíacos ou cardiovasculares. Os sopros cardiovasculares débense ás vibracións producidas por turbulencias no fluxo sanguíneo, e poden ser orgánicos e funcionais, segundo traduzan ou non unha anomalía cardíaca.