Sorga, pazo de

Sorga, pazo de

Construción situada na Bola. Ten planta en forma de U, cunha das ás rematada nunha torre e co patio pechado por un muro que enlaza os corpos laterais e onde se sitúa a porta de acceso decorada con placas. O escudo alude aos Feijoo, Ribadeneira, Villamarín, Puga e Novoa. Á beira da torre atópase a capela.