sorpresa

sorpresa

(< fr surprise)

  1. s f

    Impresión que produce un feito inesperado.

  2. s f

    Feito inesperado.

Frases feitas

  • Por sorpresa. Sen que ninguén o espere.

Refráns

  • Nace na horta o que o hortelán non sementa.
  • O que non acontece nun ano, acontece no instantiño menos pensado.
  • O que non sucede nun ano sucede nunha hora.
  • Onde menos se pensa, salta a lebre.
  • ¡Moza fun e vella vou e nunca tal me pasou!