sospeita

sospeita

(< sospeitar)

  1. s f

    Acción e efecto de sospeitar.

  2. filosofía da sospeita [FILOS]

    Modo de pensamento defendido pola filosofía de Marx, Nietzsche e Freud que, a pesar das diferenzas temáticas, foron agrupados polo seu antiidealismo común e a crítica dos ídolos da tradición metafísica e racionalista de Occidente.

Refráns

  • A sospeita en xamais sae de onde entra.
  • O que sospeita ten a dúbida feita.
  • Procura quitar sospeita e non poñela nin mantela.
  • Procura quitar sospeita e non poñela.
  • Quen sospeita non acouga.