Sotelo

Sotelo
[HIST/HERÁLD]

Apelido de orixe galega que trae por armas, en campo de prata, unha árbore de sinople, con terraza do mesmo, deitada de dúas cabras de sable, empinadas ao tronco, unha en cada flanco. Outro trae, en campo de ouro, unha árbore de sinople, con terraza do mesmo, deitada de dous lobos de sable empinados ao tronco. Outro, en campo de azul, unha cruz floreteada de ouro, acompañada de catro panelas do mesmo, colocadas unha en cada cantón do escudo; bordo de ouro, cargado de oito escudiños de azul, cunha banda de ouro.