soul*
soul*
s
m
[MÚS]
Forma musical utilizada polo folclore negro americano de mediados da década de 1950. De expresión áspera e pouco puída, con predominio da emotividade sobre o academicismo, procede do spiritual, do blues e do rythm and blues. Acadou unha gran forza na década de 1960, coa incorporación de músicos como Aretha Franklin.