sovnarkhoz*
sovnarkhoz*
s
m
[POLÍT/HIST]
Consello encargado da xestión da economía, en todos os seus aspectos, en cada unha das rexións da antiga URSS. Establecidos en 1957, o perigo dun certo protagonismo dos intereses locais fronte aos estatais levou a sucesivas reorganizacións, ata que foron abolidos en 1965.