Sport Lisboa e Benfica
Sport Lisboa e Benfica
Club deportivo portugués creado o 13 de setembro de 1908 coa fusión do Sport Clube de Benfica e do Sport Lisboa. En fútbol foi en 31 ocasións campión de Liga, 24 da Taça de Portugal e dúas veces campión de Europa (1960-1961, 1961-1962). Xoga no Estadio da Luz de Lisboa e viste camiseta vermella e pantalón branco.