Srīvijaya
Srīvijaya
Antigo reino de Sumatra (ss VII-XIV). Baixo a dinastía Sailendra, viviu un período de grande esplendor (ss IX-XII) e converteuse nun poderoso imperio marítimo e mercantil. En 990 iniciou a guerra contra Xava, que rematou coa vitoria de Srīvijaya (1007). Palembag, a súa capital, foi un gran centro do budismo, e os Sailendra fixeron construír o templo de Borobudur, en Xava. En 1377 caeu baixo o dominio do imperio de Madjapahit, de Xava Oriental.